Partus sequitur ventrem

Partus sequitur ventrem
Lexislación / DoutrinaRegra / Doutrina legal
LinguaLatín (posteriormente, traducións a outras linguas)
LocalizaciónColonias británicas en Norteamérica, posteriormente Estados Unidos, e lexislacións similares noutras colonias doutros imperios europeos
FunciónDeterminar o status legal dos fillos nacidos de mulleres escravas nas colonias e, máis tarde, nos Estados Unidos. O status dun neno seguía o da súa nai.

Partus sequitur ventrem (literalmente: "o que nace segue o ventre"; tamén partus) foi unha doutrina legal aprobada na Virxinia colonial en 1662 e noutras colonias da coroa inglesa nas Américas que definía o estatuto legal dos nenos nacidos alí; a doutrina obrigaba a que os fillos de nais escravas herdarían a condición legal das súas nais, independentemente do estado do pai. Como tal, os fillos de mulleres escravas nacerían como escravos.[1] Isto abriu a porta para que os propietarios masculinos brancos violasen e abusasen das mulleres escravas sen temor a repercusións legais, pois os fillos destas relacións permanecerían na escravitude, redefinindo e convertendo as mulleres negras non só en traballadoras gratuítas senón tamén en capital ilimitado, que podían producir e reproducirse en beneficio do patriarca.

Esta regulación foi un elemento fundamental para a perpetuación do sistema escravista e unha maneira de resolver disputas sobre a propiedade e herdanza de escravos.[2] A doutrina xurídica do partus sequitur ventrem derivou do dereito civil romano, concretamente das partes relativas á escravitude e á propiedade persoal (como os mobles), así como ao dereito común da propiedade persoal. Esta regra xurídica, aplicada en diversas sociedades escravistas, difería doutras nas que o estado social podía ser determinado polo pai ou por outras circunstancias.

En particular, o partus foi adoptado nas colonias inglesas en América do Norte, e eventualmente nos EUA, estendéndose desde a colonia de Virxinia a todas as Trece Colonias.

A doutrina tamén significaba que os nenos multirracializados con nais brancas (véxase a regra dunha gota) nacesen libres. As primeiras xeracións de "negros libres" (Free Negro) no sur de Norteamérica formáronse a partir de unións entre a clase traballadora libre, xeralmente mulleres de raza mixta, e os homes negros.[3]

Doutrinas xurídicas derivadas de principios semellantes do dereito civil eran aplicadas en moitas das colonias europeas nas Américas e África estabelecidas polos imperios británico, español, portugués, francés, ou holandés.[4]

  1. "The peculiar color of racial justice". Christian Science Monitor. ISSN 0882-7729. Consultado o 2023-09-29. 
  2. Banks, Taunya (2008-01-01). "Dangerous Woman: Elizabeth Key's Freedom Suit - Subjecthood and Racialized Identity in Seventheenth Century Colonial Virginia". Faculty Scholarship. 
  3. Heinegg, Paul. "Free African Americans in Virginia, North Carolina, South Carolina, Maryland and Delaware". www.freeafricanamericans.com (en inglés). Consultado o 2023-09-29. 
  4. Davidson, Miles H. (1997). Columbus then and now: a life reexamined. University Of Oklahoma Press. p. 417. ISBN 9780806129341. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search